RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA adéstrase en casa tamén cos profesionais de Termaria Casa da auga

O cadro do Deportivo ABANCA continúa co seu esixente plan diario de traballo físico deseñado por Manu Sánchez e a preparadora física Lucía Piñeiro.

Así, as futbolistas branquiazuis realizaron onte, cada unha no seu domicilio, dous adestramentos dirixidos por profesionais de Termaria Casa da Auga.

Fernando Ferreira dirixiu unha sesión de CX Worx, unha especialidade que combina diferentes métodos e exercicios dinámicos con gomas elásticas.

Belén García traballou coas xogadoras técnicas de Body Balance, un programa que combina ioga, estiramentos, pilates e taichi; co obxectivo de adestrar de forma suave pero efectiva; e relaxar e equilibrar corpo e mente.