RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA afronta o Teresa Herrera de mañá coas súas 5 caras novas, incluída Athenea de Castillo

O Deportivo ABANCA disputa o Trofeo Teresa Herrera de mañá sábado 10 de agosto (18:30 horas) en ABANCA-RIAZOR ante o UD Granadilla, un dos poderosos da Primeira Iberdrola, con todas as súas fichaxes, incluída Athenea del Castillo.

Así pois, o deportivismo poderá presenciar por primeira vez coa camiseta branquiazul a Esther Sullastres, Misa, Noelia Villegas, María Méndez e a citada Athenea.

A todas elas hai que engadir o bloque practicamente intacto de xogadoras que levaron ao Dépor ABANCA á máxima categoría do fútbol español após unha espectacular temporada histórica: Patri López, Erika, Alba Suárez, Yamamoto, Peke, Alba Merino, Teresa Abelleira, Michelle Romero, Gaby, Kika, Iris, Patri Díaz e Cris.

Quedan fóra por lesión Miriam, Laura, Silvia Mérida e Nuria Rábano.

Copa Deputación o domingo 11 ás 19:00 horas en Santiago

O Deportivo ABANCA visitará ao Victoria FC este domingo 11 de agosto ás 19:00 horas en semifinais da Copa Deputación.

O choque será no Municipal de Santa Isabel, con entrada gratuíta para os afeccionados.

As deportivistas apearon nesta competición ao Once Caballeros CF (dezaseisavos de final), UD Paiosaco Hierros Añón (oitavos de final) e Orzán SD (cuartos de final).

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo da Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, 18:30 h, Deportivo ABANCA - UD Granadilla
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), 19:00 h, Victoria FC - Deportivo ABANCA
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón): Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)