RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA afronta sen baixas o debut copeiro de mañá en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo ABANCA encara mañá martes 11 de febreiro (20:00 horas) sen baixas o choque de oitavos de final de Copa da Raíña, a partido único, ante o Valencia CF Femenino en ABANCA-RIAZOR.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a 18 futbolistas para o debut nunha competición á que o técnico deportivista e o cadro branquiazul danlle a mesma importancia que á Primera Iberdrola.

O equipo adestrouse esta tarde nunha última sesión preparatoria, que concluíu minutos antes que o conxunto levantino iniciase a súa tamén en Abegondo.

Finalizado o encontro de Copa, o Dépor ABANCA volverá aos adestramentos o mércores 12 de febreiro ás 17:00 na Cidade Deportiva, nunha semana sen descanso.

ABANCA regala unha bufanda aos primeiros 5.000 asistentes

ABANCA quere colaborar para dar colorido ao histórico primeiro partido oficial de #ASNOSAS no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Para iso, regalará aos 5.000 primeiros deportivistas que accedan ao Estadio unha bufanda exclusiva do Dépor ABANCA. As bufandas repartiranse, até fin de existencias, equitativamente entre as 4 bancadas habilitadas para o partido.

Entradas solidarias a 2 euros

Por outra banda, están á venda as entradas solidarias a 2 euros para o encontro, cantidade que se doará, integramente, á Cociña Económica da Coruña.

Todos os socios do Club terán acceso libre (aínda que non á súa bancada habitual nos partidos de LaLiga xa que se habilitarán, inicialmente, só as bancadas inferiores da instalación. Puertas de acceso: 22 e 23 -Pavillón-; 14 e 18 -Preferencia-; 2 e 29 -Tribuna-; 6, 9 e 11 -Marathón-).

As entradas poden adquirirse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n), mañá martes de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Tamén se poden comprar nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:00).