RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA afronta unha semana longa de preparación da súa visita ao FC Barcelona

18/11/2019 12:50

O Deportivo ABANCA comeza esta tarde a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao FC Barcelona, prevista para o domingo 24 de novembro ás 12:00 horas no Estadio Johan Cruyff, en partido correspondente á 10ª xornada na Primera Iberdrola.

O adestrador deportivista dispuxo 6 sesións de adestramento en Abegondo, segundo esta planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Luns 18 de novembro
16:00: Adestramento en Abegondo

Martes 19 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 20 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 21 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 22 de novembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 23 de novembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Domingo 24 de novembro
12:00: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadio Johan Cruyff de Barcelona