RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA arranca esta tarde a pretemporada

21/07/2020 16:00

O Deportivo ABANCA arranca esta tarde en Abegondo (18:00 horas) a porta pechada os adestramentos de pretemporada, nunha liga que comezará o próximo 5 de setembro.

Están citadas por Manu Sánchez as seguintes xogadoras: Alba Merino, Athenea del Castillo, Carolina Arbeláez, Cris, Helena Torres, Esther Sullastres, Gaby, Iris, Lorena Bedoya, Kika, Michelle Romero, Noe Villegas, Kenni Thompson, Peke, Lady Andrade, Ainoa Campo, Carlota, Patri López e Sara Álvarez; ademais destas futbolistas do Deportivo ABANCA B: Eva Dios, María Figueroa, Tatiana Barcia, Nuria Torres y Jessica Carro.

As costarriqueñas Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco incorporaranse nos próximos días aos adestramentos.