RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA arranca mañá martes a semana definitiva polo ascenso á Liga Iberdrola

O Deportivo ABANCA arranca mañá martes 14 de maio a preparación do partido de volta da segunda eliminatoria do playoff de ascenso, o domingo 19 de maio (11:00 hora canaria, 12:00 hora peninsular) ante o CD Femarguín, co 2-0 de renda a favor da ida.

Manu Sánchez citou aos seus futbolistas en Termaria - Casa del Agua para recuperar forzas tralo intenso primeiro choque ante o conxunto canario de onte domingo en Abegondo.

Esta semana, o técnico deportivista realizará ademais unha sesión no campo de herba sintética do Monte en San Tirso, co obxecto de aclimatarse ás condicións que se vai a atopar en Canarias o Dépor ABANCA.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 14 de maio
20:00: Adestramento en Termaria - Casa del Agua

Mércores 15 de maio
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 16 de maio
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 17 de maio
11:30: Adestramento no campo d Monte (San Tirso)

Domingo 19 de maio
11:00 horas (hora canaria, 12:00 na Península), playoff de ascenso á Liga Iberdrola, 2ª eliminatoria, volta: CD Femarguín - Deportivo ABANCA, no Municipal de Arguineguín