RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA arrinca mañá en Termaria Casa del Agua unha semana sen competición oficial

O Deportivo ABANCA, feliz após as dúas últimas fazañas en Barcelona e Madrid que o converteron no equipo de moda do fútbol feminino español, arrinca mañá martes 3 de marzo unha semana sen liga debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Manu Sánchez citou aos seus futbolistas para unha sesión de recuperación en Termaria Casa da auga na Coruña. Haberá outros 2 adestramentos máis na Cidade Deportiva e descanso desde o xoves para un equipo castigado polas lesións e que leva acumulado un gran esforzo físico.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 3 de marzo

17:00: Adestramento en Termaria Casa da auga

Mércores 4 de marzo

17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 5 de marzo

17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 6 de marzo

Descanso

Sábado 7 de marzo

Descanso

Domingo 8 de marzo

Descanso