RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA aterra esta noite no Aeroporto da Coruña

11/01/2020 16:29

Finalizado o encontro na Cidade Deportiva Dani Jarque ante o RCD Espanyol, o Deportivo ABANCA emprende viaxe de regreso á Coruña.

O equipo branquiazul ten previsto aterrar no Aeroporto da Coruña ás 21:45 (horario aproximado).

Manu Sánchez citou de novo ao seu cadro en Abegondo o martes 14 de xaneiro ás 17:00 horas.

O plan de regreso é o seguinte:

Sábado 11 de xaneiro
20:00: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña