RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B caeu ante o Sporting de Gijón cun gol en propia meta ao minuto de xogo

O Deportivo ABANCA B perdeu pola mínima (1-0) na súa visita ao Sporting de Gijón, en partido correspondente á 19ª xornada na Primeira Nacional.

Decidiu o encontro un gol en propia meta ao minuto de xogo. Ademais, a fortuna non acompañou, posto que o colexiado do encontro anulou un tanto ao Dépor ABANCA B no minuto 72 por fóra de xogo inexistente.

As pupilas de Kevin Cabado, que contaban coas baixas de Noela, Paula Novo, Andrea Ansede e Lucía Couto, por lesión; e Paula Monteagudo, por estar convocada en Lleida co primeiro equipo, manteñen a pesar deste adverso resultado o liderado da categoría con 50 puntos, por 48 agora das sportinguistas.

Non todo foron malas noticias. No vestiario branquiazul, Elena Vázquez gozou de minutos de xogo coa selección española sub-17 nun amigable ante Estonia o pasado mércores 8 de febreiro na Cidade do Fútbol de Rózalas (Madrid), choque que acabou con claro triunfo hispano: 12-0.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse xa unha praza de titular no filial feminino.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, María Calvo, Elena Vázquez, Uxía Cabada, Carmen Carballada, Abril Pazos, Marta Rico, Tati, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Laura Testa e Laura Santos.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Xixón FF.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Abril Pazos, Marta Rico e Laura Otero) - Victoria FC 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Tati e Marta Rico) - Victoria CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (unha futbolista rival en propia meta) - Real Oviedo B 0
Sporting de Gijón 1 - Deportivo ABANCA B 0