RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B cede nos penaltis o Memorial Moncho Rivera

Aproveitando o parón ligueiro no grupo 1º de Primeira Nacional, o Deportivo ABANCA B mediuse ao Victoria CF no campo coruñés da Grela coa XXIII edición do Memorial Moncho Rivera en xogo.

O filial deportivista caeu na quenda de penaltis (5-3), posto que ao termo do tempo regulamentario, o encontro, moi igualado, finalizou con empate a dous tantos.

Aroa Guerra e Paula Monteagudo foron as autoras dos goles branquiazuis durante o partido.

Deportivo ABANCA B: Martina, Paula Novo, Andrea Ansede, María Calvo, Elena López 'Cusi', Antía Brage, Iria Otero, Carmen Carballada, Tati, Aroa Guerra e Trillo. Tamén xogaron: Nuria Gómez, Marta Rico, Paula Monteagudo, Noela, Laura Otero, Laura Testa, Aroa González e Marta Méndez.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B retorna á liga coa visita do Olímpico de León a Abegondo. As branquiazuis marchan quintas na táboa con cinco puntos despois de tres xornadas disputadas no grupo 1º de Primeira Nacional.