RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA B disputa mañá un amigable en Abegondo ante a selección galega sub-17

O Deportivo ABANCA B ten partido amigable mañá mércores 9 de novembro en Abegondo. O seu rival, a partir das 19:00 horas, será a Selección Galega Sub-17.

Kevin Cabado, técnico branquiazul, non poderá contar con Ansede, lesionada; nin con Lucía Rivas, Abril Pazos e Elena Vázquez, que xogarán co combinado galaico, do mesmo xeito que Laura Santos, Macarena González, Sara Cercido, Uxía López e Ana Capelo, todas elas do Orzán SD Cadete Feminino.

O filial deportivista marcha líder da Primeira Nacional con 22 puntos, con 3 puntos de vantaxe sobre o Real Oviedo B, 2º na táboa con 19.

Este sábado 12 de novembro, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao UD Mos a partir das 16:15, en choque correspondente á 9ª xornada.