RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA B golea ao Atlético Arousana e presiona polo liderado ao Viajes InterRías FF

27/02/2021 19:11

O Deportivo ABANCA B goleou (6-0) en Abegondo ao Atlético Arousana e mete presión ao Viaxes InterRías FF á fronte da clasificación do subgrupo A de Primeira Nacional.

As deportivistas son líderes agora con 29 puntos por 28 puntos das Viaxes InterRías FF, que ten no entanto dous partidos menos xogados.

María Calvo, Navia, Andrea Ansede, Tati -2- e Sara Álvarez foron as goleadoras do Deportivo ABANCA B ante o Atlético Arousama, en partido correspondente á 15ª xornada.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Lara, Sara Álvarez, Paula Novo, Uxía, Nuria Torres, Marta Rico, Tati, María Calvo, Navia e Andrea Ansede. Tamén xogaron: Laura Testa, Alejandra Fente, Laura Rivas, Lucía e Marta Méndez.

A próxima fin de semana toca descanso para o equipo que prepara Kevin Cabado. O seu seguinte rival, o 14 de marzo, será en Vigo o Sárdoma CF.

Os resultados do Dépor ABANCA B en liga son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 9 (Aroa -4-, Eva Dios -2-, María Calvo -2- e Navia) - Umia CF 0
Viaxes InterRías FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria FC 1
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 15 (Lucía -4-, Eva Dios -3-, Andrea Ansede -3-, Marta Rico -2-, Carlota, Lara e Patri López) - CD Valladares 0
Atlético Arousana 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Dios e Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 4 (Nuria Torres, María Calvo, Aroa Guerra e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 2
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Eva Dios)
Umia CF 4 - Deportivo ABANCA B 1 (Eva Dios)
Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez) - Viaxes InterRías FF 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa Guerra)
Deportivo ABANCA B 2 (Aroa Guerra e Tati) - UD Mos 1
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Eva Dios, Tati -2-, Carlota, Nuria Torres, Andrea Ansede e Laura Testa)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo, Navia, Andrea Ansede, Tati -2- e Sara Álvarez) - Atlético Arousana 0