RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA B incorpora esta temporada ás súas filas a Eva Dios

Eva Dios Nieto (A Illa de Arousa, 4 de Marzo de 2002) convértese en nova incorporación do Dépor ABANCA B para a proxima temporada. Con 18 anos recentemente cumpridos, chega ao Deportivo ABANCA B coa intención de seguir crecendo no fútbol.

Empezou a súa traxectoria futbolística no Céltiga CF para, posteriormente, xogar nos equipos do Portonovo, Victoria de Santiago e Interrías

Eva Dios é unha futbolista que pode xogar tanto de mediapunta como de extremo e formou parte da selección española que, no ano 2018, conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas disputado en Finlandia, sendo ademais elixida o quinteto ideal do torneo e mellor xogadora nova.