RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B pecha a liga en Ribadumia cunha cariñosa homenaxe a Andrea Ansede

O Deportivo ABANCA B concluíu a liga en Primeira Nacional cunha derrota pola mínima (1-0) ante o Umia CF.

As branquiazuis pagaron en exceso os seus erros nas áreas ante un rival máis efectivo que aproveitou practicamente a súa única opción clara.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Uxía Cabada, Marta Rico, María Calvo, Mar Sierra, Marta Méndez, Noela, Elena López 'Cusi', Laura Otero, Celia Sousa e Abril Pazos. Tamén xogaron: Trillo, Iria Otero, Antía Brage e Eva Santamaría.

O partido estivo marcado pola cariñosa homenaxe do equipo á deportivista Andrea Ansede, lesionada nun xeonllo. Así, as futbolistas branquiazuis saltaron ao céspede lucindo unha camiseta de apoio á canteirá nestes duros momentos.

Con esta derrota, o Dépor ABANCA B conclúe en 6ª posición con 39 puntos; e un balance de 11 gandos, 6 empatados e 9 perdidos. En 26 partidos marcou 50 goles e encaixou 30.

Kevin Cabado tivo que facer fronte a unha temporada moi complicada, con varios paróns por COVID e con moitas futbolistas, sen contar xa con Aroa Guerra, no radar do primeiro equipo para adestramentos e partidos, caso de Noela, Paula Monteagudo, Paula Novo, Reigosa e Tati.

Por este motivo, o técnico coruñés tivo que botar man de futbolistas xuvenís e cadetes do Orzán SD, por exemplo Uxía Rabuñal, Celia, Antía Brage, Iria Otero, Laura Otero ou Abril Pazos, esta última citada para uns adestramentos coa selección española sub-15 do luns 25 ao mércores 27 de abril.

Os resultados do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo) - CF Versalles 1
CD Olímpico de León 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Marta Rico -2- e María Calvo)
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Marta Rico) - PM Friol 2
Oviedo Moderno CF B 4 - Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo)
Deportivo ABANCA B 0 - Gijón FF 3
Victoria FC 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Noela)
Deportivo ABANCA B 1 (Noela) - Victoria CF 1
Umia CF 1 - Deportivo ABANCA B 0