RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B perfora no minuto 80 a defensa da SD Villestro

Oitenta minutos e unha infinidade de oportunidades tiveron que pasar para que o Dépor ABANCA B lograse perforar (4-0) a portería da SD Villestro, pechacancelas do grupo 1º de Primeira Nacional que opuxo en Abegondo unha férrea resistencia.

Unha vez anotado o primeiro, as visitantes baixaron a garda e as atacantes branquiazuis non perdoaron até en catro ocasiones.

Noela, Trillo, Tati e Ansede foron as autoras dos goles, materializados en dez minutos.

Co resultado deste partido correspondente á 5ª xornada, o Dépor ABANCA B suma oito puntos e instálase no grupo de cabeza.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Elena López 'Cusi', Paula Novo, María Calvo, Antía Brage, Iria Otero, Andrea Ansede, Marta Méndez, Tati, Noela e Trillo. Tamén xogaron: Aroa González, Laura Otero, Laura Testa, Valeria e Celia.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visitará ao UD Mos.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0