RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA B recupera o sorriso en León, con motivo do partido aprazado da 17ª xornada

O Deportivo ABANCA B impúxose (1-3) onte mércores 23 de marzo no Estadio Olímpico de León ao CD Olímpico de León, no partido aprazado no seu día correspondente á 17ª xornada, que estaba inicialmente previsto para o mércores 13 de abril e que a Federación Española decidiu adiantar "á primeira data dispoñible" co obxectivo de "preservar o normal desenvolvemento da competición".

O resultado pode cualificarse como xusto, posto que o Dépor ABANCA B dominou todas as facetas do xogo e até lle foron anulados polo colexiado tres goles máis.

Con este resultado positivo, o filial feminino mantense na quinta posición do grupo 1º de Primeira Nacional con 38 puntos.

Deportivo ABANCA B: Uxía Rabañal, Lucía Mariño, María Calvo, Ansede, Elena López 'Cusi', Carmen Carballada, Marta Rico, Paula Monteagudo, Tati, Laura Otero e Noela. Tamén xogaron: Abril Pazos, Laura Testa, Mar e Marta Méndez.

O vindeiro domingo 27 de marzo ás 12:00, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Gijón FF, en partido da 23ª xornada.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viaxes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo) - CF Versalles 1
CD Olímpico de León 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Marta Rico -2- e María Calvo)
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Marta Rico) - PM Friol 2
Oviedo Moderno CF B 4 - Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo)