RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA B refórzase con Navia Rendo

O Deportivo ABANCA B sumou ao seu cadro a Navia Rendo Guitián (Vedra, A Coruña, 25 de xaneiro de 2001), xogadora con experiencia na Primeira División Nacional, grupo 1, categoría na que xogará o segundo equipo feminino do Club após conquistar o título da Primeira División Galega na campaña 2018-2019.

Navia adoita xogar no lateral dereito e chega ás filas branquiazuis procedente do Victoria FC de Santiago.