RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B retoma a competición ligueira con mal pé

Despois do parón do Nadal e do partido suspendido da pasada semana ante o Victoria CF, o Deportivo ABANCA B retomou a competición no subgrupo A de Primeira Nacional con mal pé, ao caer (4-1) no campo de Barrantes ante o Umia CF.

Eva Dios foi a autora do único tanto deportivista neste encontro correspondente á 10ª xornada.

A efectividade foi a clave do choque. As locais aproveitaron o catro ocasiones que tiveron mentres que as deportivistas, que mesmo fallaron un penalti, non foron capaces de perforar máis que nunha ocasión a meta do Umia.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B queda con 16 puntos e cae á cuarta posición. Cinco puntos sepárano agora do líder, o Viaxes InterRías FF, que ten 21 pero un partido máis que as branquiazuis.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Paula Novo, Andre Ansede, Lara, Nuria Torres, Marta Rico, Tati, Eva Dios, Carlota e María Calvo. Tamén xogaron: Aroa Guerra, Marta Méndez, Navia e Lucía.

O partido correspondente á 9ª xornada entre o Victoria CF e o Deportivo ABANCA B, que foi aprazado o pasado domingo 10 de xaneiro por un caso positivo de COVID-19 no conxunto deportivista e cinco xogadoras illadas máis ao ser contactos estreitos, celebrarase este martes 19 de xaneiro ás 19:00 no campo coruñés da Grela 1.

Os resultados do Dépor ABANCA B en liga son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 9 (Aroa -4-, Eva Dios -2-, María Calvo -2- e Navia) - Umia CF 0
Viaxes InterRías FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria FC 1
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 15 (Lucía -4-, Eva Dios -3-, Andrea Ansede -3-, Marta Rico -2-, Carlota, Lara e Patri López) - CD Valladares 0
Atlético Arousana 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Dios e Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 4 (Nuria Torres, María Calvo, Aroa Guerra e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 2
Victoria CF - Deportivo ABANCA B, o martes 19 de xaneiro ás 19:00 na Grela 1