RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B rompe cunha xeira de dúas temporadas sen perder do UD Mos no seu campo

O Deportivo ABANCA B rompeu cunha gran xeira do UD Mos (0-1), que sumaba dúas temporadas sen perder no seu campo das Baloutas.

Un gol de Tati decidiu un partido parello no que as deportivistas, a pesar de ser un equipo moi novo, deron toda unha lección de madurez.

Co resultado deste encontro correspondente á 6ª xornada, o Deportivo ABANCA B alcanza os 11 puntos e sitúase na quinta posición de Primeira Nacional.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Aroa González, Elena López 'Cusi', Laura Testa, Paula Monteagudo, Noela, Tati, Valeria e Trillo. Tamén xogaron: Laura Otero, Uxía Cabada, Marta Méndez e Iria Otero.

A semana que vén hai parón ligueiro e en quince días visitará Abegondo o Sárdoma CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)