RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA B súmase aos torneos de Semana Santa en #ANOSACANTEIRA

O Deportivo ABANCA B completa este sábado en Narón a Semana Santa de torneos de #ANOSACANTEIRA, con partidos en España, Portugal e Francia.

Dos que están xa en competición, sorte dispar. Alevín B e Benxamín B caeron en Cascais e Cambrils despois de clasificarse entre os mellores.

En Francia, o Dépor xa está en cuartos de final do Mundial sub-15 de La Saint Pierre (Nantes); e en Tordesillas, o Benxamín A en oitavos de final.

Seguen en competición o Cadete A en Zaragoza; e Xuvenil A e Alevín A en Oviedo.

Dépor ABANCA B e Selección de Ferrol pelexarán este sábado polo Trofeo Vila de Narón

O Deportivo ABANCA B, líder sólido practicamente desde o inicio da temporada na Primeira Autonómica feminina, enfróntase á Selección Absoluta de Ferrol co Trofeo Concello de Narón en xogo.

As branquiazuis Jessica, Antía e Andrea xogarán co combinado ferrolán.

O amigable xogarase este sábado 20 de abril ás 17:30 no campo de Sinde, no Val (Narón).

O Benxamín A, clasificado para oitavos de final da Íscar Cup

O Benxamín A iniciou hoxe xoves 18 de abril a súa participación na Íscar Cup Tordesillas 2019.

Será a primeira cita das dúas que o conxunto deportivista ten programadas para esta Semana Santa. A segunda será o Trofeo Villa de Caldas, o domingo 21 en Caldas de Reis (Pontevedra).

O conxunto deportivista tivo como primeiros rivais na Íscar Cup á Valencia CF, Málaga CF e Käpylän Pallo finlandés. Após pasar como primeiros do seu grupo, os deportivistas encaran mañá venres os oitavos de final, co Alavés como rival.

O calendario de partidos, todos eles en Tordesillas, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
BENXAMÍN A 8 (Yago Trigo -2-, Gael, Nico, Paulo, Íker e Ioan) - KÄPYLÄN PALLO 0
BENXAMÍN A 2 (Nico e Mauro) - MÁLAGA CF 0
VALENCIA CF 1 - BENXAMÍN A 1 (Yago Trigo)

Venres 19 de abril
Oitavos de final
14:00: BENXAMÍN A - ALAVÉS

En Caldas de Reis (Pontevedra), o Benxamín A disputa o domingo 21 o Trofeo Villa de Caldas, con este calendario:

11:30: BENXAMÍN A - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA
13:30: EQUIPO DA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
16:00: BENXAMÍN A - OURENSE Cf

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que comezan ás 16:45 horas.

O Dépor inicia con vitoria o Trofeo Internacional infantil en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus

Un equipo infantil do Deportivo participa desde hoxe xoves 18 de abril nun Torneo Internacional en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus.

FC Porto, Clube Atlético e Cultural, SC Braga e Levante UD son os primeiros rivais, con este calendario da Primeira Fase, en horario local (unha hora máis en España):

Xoves 18 de abril
SC BRAGA 1 - DEPORTIVO 3 (Jorge -2- e Oreiro)

Venres 19 de abril
9:00: DEPORTIVO - FC PORTO
16:00: DEPORTIVO - LEVANTE UD

Sábado 20 de abril
12:00: CLUBE ATLÉTICO E CULTURAL - DEPORTIVO

Os dous primeiros acceden a semifinais, que se xogan a partir das 17:00; mentres que o resto disputará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final.

O Dépor disputa mañá os cuartos de final do Mundial sub-15 de Nantes (Francia)

Un equipo cadete do Deportivo participa no Mundial sub-15 La Saint Pierre de Nantes (Francia).

O conxunto branquiazul mídese mañá venres ao En Avant Guingamp nos cuartos de final, após unha boa Primeira Fase.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 17 de abril
DEPORTIVO 0 - US THOUARE 0
DEPORTIVO 0 - LE HAVRE ATHLETIC 0

Xoves 18 de abril
FC REZÉ 0 - DEPORTIVO 4 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Álex)
DEPORTIVO 1 (Hugo Baldomar) - US QUEVILLY ROUEN 0
DEPORTIVO 1 (Christian) - LA SAINT PIERRE 0

Venres 19 de abril
Cuartos de final
10:30: DEPORTIVO - EA GUINGAMP

Fase de Bronce para o Infantil A e Súper Grupo Ouro para o Alevín B na Ibercup de Cascais (Portugal)

O Infantil A e o Alevín B (ambos pousando xuntos na foto que abre esta nota) representaron ao Club na prestixiosa Ibercup de Cascais (Portugal).

Así, o Infantil A proclamouse campión da Fase Bronce, co que concluíu a súa participación.

Os seus resultados foron os seguintes:

Luns 15 de abril
CF OS BELENENSES 4 - INFANTIL A 2 (Noah e Mella)

Martes 16 de abril
INFANTIL A 2 (Martín -2-) - HAPOEL HERZLIYA 1
BLACKBURN ROVERS 1 - INFANTIL A 0

Mércores 17 de abril
INFANTIL A 0 - FC SETH ACADEMY 1
Fase de Bronce
INFANTIL A 2 (Domínguez e Mella) - HAPOEL HADERA FC 1

Xoves 18 de abril
INFANTIL A 5 (Carlos, Domínguez -2-, Martín e Marcote) - ASVSA AS VARENNES 0

Pola súa banda, o Alevín B, despois de asinar unha gran Primeira Fase con 4 triunfos, caeu eliminado no Súper Grupo Ouro ao perder co Vitória de Guimarães.

Os resultados do Alevín B neste torneo foron os seguintes:

Luns 15 de abril
ALEVÍN B 9 (Diego -3-, Rubén Trillo, Pablo, Eder, Leandro, Nico Ruiz e Íker) - FC DJURSHOLM 0

Martes 16 de abril
BOAVISTA FC D 0 - ALEVÍN B 3 (Iago, Diego e Leandro)
ALEVÍN B 9 (Anxo -3-, Rubén Trillo -2-, Janusz -2-, Leandro e Eder) - EF BENFICA OLIVAIS D 1

Mércores 17 de abril
AD OEIRAS 1 - ALEVÍN B 3 (Nico Ruiz, Pablo e Rubén Trillo)
Fase de Campións
ALEVÍN B 3 (Yago e Xabi -2-) - HAMMARBY FOTBOLL 3
ALEVÍN B 0 - VITÓRIA DE GUIMARÃES 3

O Benxamín B cae en cuartos de final do Mundialito Costa Daurada

O Benxamín B do Dépor clasificouse entre os mellores do Mundialito Costa Daurada en Tarragona.

Hoxe xoves, o conxunto deportivista perdeu pola mínima (3-4) en cuartos de final da Fase Ouro ante o Levante UD; partido co que puxo o punto e final á súa participación.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Luns 15 de abril
BENXAMÍN B 28 (Iago Lameiro -6-, José Quiroga -6-, Lucas Vázquez -4-, Pablo -4-, Raúl -3-, Iago Varela -2-, Rodrigo -2- e Hugo) - HALCONES WATSONVILLE FC 0
SANT PAU APÓSTOL 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, José Quiroga -2-, Nico e Pablo)

Martes 16 de abril
BENXAMÍN B 9 (Iago Lameiro -3-, José Quiroga -2-, Hugo -2-, Rodrigo e Pablo) - EFB UD SALOU 1

Mércores 17 de abril
LEVANTE UD 5 - BENXAMÍN B 2 (José Quiroga -2-)

Xoves 18 de abril
Fase Ouro
Cuartos de final
BENXAMÍN B 3 (José Quiroga, Iago Varela e Hugo) - LEVANTE UD 4

Xuvenil B e Alevín A xa están en xogo na Oviedo Cup 2019

O Xuvenil B e o Alevín A participan na XIV edición da Oviedo Cup.

O Xuvenil B quedou emparellado na Primeira Fase co Astur CF, ED Moratalaz, SDCR La Corredoria e RCD Espanyol.

O seu calendario inicial, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
ASTUR CF 0 - XUVENIL B 0
XUVENIL B 2 (Luque e Vladimir) - ED MORATALAZ 0

Venres 19 de abril
11:15: XUVENIL B - SDCR LA CORREDORIA, no campo Hermanos Llana
17:30: RCD ESPANYOL - XUVENIL B, no campo de HFE Tensi

Os dous primeiros clasificados acceden posteriormente á Oviedo Cup Ouro; o 3º á Oviedo Cup Prata; o 4º á Oviedo Cup Bronce; e, finalmente, o 5º á Oviedo Cup Consolación.

Pola súa banda, o Alevín A enfróntase en primeira instancia co Astur CF, Rayo Ciudad Alcobendas B, Atlético Lugones e CD Parquesol, con este calendario de partidos na Primeira Fase:

Xoves 18 de abril
ASTUR CF 0 - ALEVÍN A 1 (Marcos)

Venres 19 de abril
11:30: DEPORTIVO - RAYO CIUDAD ALCOBENDAS B, en Matalablima
20:45: ALEVÍN A - ATLÉTICO LUGONES, en Vallobín

Sábado 20 de abril
09:15: CD PARQUESOL - ALEVÍN A, no Anexo ao campo Juan Antonio Álvarez Rabanal

Os dous primeiros clasificados acceden posteriormente á Oviedo Cup Ouro; o 3º á Oviedo Cup Prata; o 4º á Oviedo Cup Bronce; e, finalmente, o 5º á Oviedo Cup Consolación.

O Cadete A, superado hoxe polo Real Zaragoza no Torneo Cesaraugusta

Como xa é habitual nos últimos anos, o Cadete A repite participación no Torneo Cesaraugusta, organizado polo club Stadium Casablanca, en Zaragoza.

Todos os partidos dispútanse no campo Gregorio Usabel.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Real Zaragoza e CA Osasuna como rivais.

Hoxe, o Cadete A foi superado polo conxunto zaragocista, que se converte así en favorito para ser o campión do grupo.

O calendario de partidos do Cadete A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
REAL ZARAGOZA 5 - CADETE A 0

Venres 19 de abril
17:00: CADETE A - CA OSASUNA

O primeiro de grupo xogará a gran final, o domingo 21 de abril ás 12:00; o segundo pelexará pola 3ª e 4ª praza ese mesmo domingo ás 10:00; mentres que o 3º disputará a 5ª e 6º praza o sábado 20 de abril ás 17:30 horas.