RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA busca recuperar sensacións no amigable de mañá ante o Viajes interRías FF

O Deportivo ABANCA pechará mañá sábado 28 de novembro unha semana sen fútbol ligueiro na Primera Iberdrola debido ao dobre compromiso da selección española cun amigable en Abegondo ante o Viajes InterRías FF, líder do subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional.

O choque, que servirá para recuperar sensacións, será ás 12:30 e a porta pechada pola pandemia de COVID-19.

Manu Sánchez conta coas baixas das lesionadas Esther Sullastres, con molestias nun ombreiro; Michelle Romero, que se recupera dunha escordadura de xeonllo; e Eva Dios, cunha escordadura de nocello. O técnico deportivista citou tamén ás canteirás Jessica, Tatiana e María Calvo.

Finalizado o encontro ante o Viajes InterRías FF, o cadro deportivista descansa o domingo e regresa aos adestramentos o luns 30 de novembro ás 17:30 en Abegondo.