RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA buscará reencontrarse coa vitoria en Valencia

O Deportivo ABANCA buscará con 17 xogadoras, incluída a canteirá Eva Dios, reencontrarse co triunfo este domingo 24 de xaneiro ás 10:15 na Ciudad Deportiva de Paterna ante o Valencia CF Femenino, en choque correspondente á 16ª xornada na Primera Iberdrola.

A clasificación aperta posto que as branquiazuis pechan provisionalmente a táboa con sete puntos en trece partidos xogados; é dicir, dous encontros menos. A salvación está a catro puntos, a tiro de pedra.

Manu Sánchez conta para esta cita coas baixas de Carolina Arbeláez, cunhas molestias nas costas; e Ainoa Campo, que estivo uns días con adestramento específico e non chega ao encontro en condicións físicas óptimas.

Finalmente o conxunto deportivista cambiou a súa folla de ruta. Suspendeu o adestramento de mañá sábado ás 9:00 en Abegondo e no seu lugar realizará unha sesión de activación no Hotel Valencia Congress, nada máis chegar.

O Dépor ABANCA viaxa mañá sábado, con esta folla de ruta:

Sábado 23 de xaneiro
12:15: Saída do voo de Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez
13:25: Chegada aproximada a Madrid e traslado en autocar a Valencia
18:00: Chegada aproximada ao Hotel Valencia Congress e adestramento de activación nas propias instalacións hostaleiras

Domingo 24 de xaneiro
10:15: Valencia CF Femenino - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva de Paterna
14:10: Saída do voo do Aeroporto de Valencia con destino Santiago
15:40: Chegada aproximada a Galicia