RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA cae 0-2 ante o Famalicão no segundo amigable de pretemporada

O Dépor ABANCA disputou hoxe sábado en Abegondo (0-2) o segundo partido amigable da pretemporada, un interesante test para as nosas ante un correúdo, e até duro nalgunhas fases do encontro, FC Famalicão, da primeira división portuguesa.

Manu Sánchez non puido contar con Kika, Kenni e Athenea por lesión; e Peke, por estar convocada coa selección española.

O resultado, que é o de menos, foi para o equipo visitante grazas aos goles de Cris e Gabi, o último no desconto de penalti, xusto despois de disparar ao traveseiro o Dépor ABANCA. Así que dun posible 1-1 pasouse ao 0-2 definitivo.

Dépor ABANCA: Noelia Bermúdez, Patri López, Stephanie, Bedoya, Villegas, Iris, Lady, Carlota, Gaby, Michele Romero e Helena Torres.Tamén xogaron: Sullastres, Cris, Ainoa, Carolina Arbeláez, Eva Dios e Tati.

Co partido ante as portuguesas péchase a semana de traballo do equipo branquiazul. O Dépor ABANCA regresa aos adestramentos o luns 21 de setembro ás 17:30 en Abegondo.

A pretemporada marcha así para o Dépor ABANCA:

Dépor ABANCA 3 (Helena Torres, Ainoa e Cris) - CD Parquesol 0
Dépor ABANCA 0 - FC Famalicão 2