RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA cambia mañá venres Abegondo pola Casa del Agua, xusto antes de viaxar a Barcelona

09/01/2020 13:40

O Deportivo ABANCA cambia de lugar de adestramento mañá venres 10 de xaneiro. En lugar de Abegondo, Manu Sánchez citou ao seu cadro ás 13:00 horas na Casa del Agua na Coruña.

Ao finalizar, o técnico deportivista dará a lista de convocados para viaxar a Barcelona pola tarde, co fin de visitar o sábado 11 (13:00 horas) ao RCD Espanyol na Ciudad Deportiva Dani Jarque, en partido correspondente á 16ª xornada na Primera Iberdrola.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Venres 10 de xaneiro
13:00: Adestramento na Casa del Agua
18:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona
19:50 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Barcelona e aloxamento no hotel NH Cornellá

Sábado 11 de xaneiro
13:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Dani Jarque
20:00: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña