RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, campión en Friol

O Deportivo ABANCA adxudicouse hoxe martes 15 de agosto o Torneo Concello de Friol, na modalidade de 'tres nun', co CPM Friol e a Victoria FC de Santiago como rivais. A competición desenvolveuse no campo da Reigosa, na citada localidade lucense.

Os resultados dos partidos foron os seguintes:

DEPORTIVO ABANCA 2 (Sara e Jone) - VICTORIA FC 0

CPM FRIOL 3 - VICTORIA FC 1

CPM FRIOL 0 - DEPORTIVO ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)

Manu Sánchez, técnico deportivista, aliñou un once en cada parte.

Dépor Abanca ante a Victoria FC: Malena, Patri, Sofía, Noe, Cris, Tere Abelleira, Alba, Jone, Michelle, Sara e Estefi.

Dépor Abanca ante o CPM Friol: Sheila, Miga, Ainhoa, Laura, Antía, Kika, Iris, Peke, María Corral, Gaby e Lía.

A próxima cita do Dépor ABANCA son as semifinais de Copa Deputación, este domingo 20 de agosto a partido único en Tordoia (12:00 horas).

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final de Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final de Copa Deputación: Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'

Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0

CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)

20 de agosto, semifinal de Copa Deputación, 12:00 horas: Tordoia - Deportivo ABANCA

26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)