Finalizado o partido en Abegondo ante o UDG Tenerife B, o Dépor ABANCA adestrarase de novo mañá domingo 27 de novembro ás 9:00 horas en Abegondo, nunha xornada de recuperación para as titulares esta mañá fronte ás tinerfeñas.
A seguinte cita ligueira en Primera Federación FutFem será o domingo 4 de decembro ás 11:00 na Ciudad Deportiva Dani Jarque ante o RCD Espanyol.