RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA clasificouse en Tordoia para a final da Copa Deputación

O Deportivo ABANCA clasificouse con claridade para disputar a final da Copa Deputación ao derrotar esta mañá ao Tordoia (0-9) en semifinais, con tantos de Gaby -2-, Estefi -2-, Jone, Sara -2-, Peke e Lía.

A gran final será contra o vencedor da eliminatoria entre o Orzán e o Victoria CF da Coruña. Desta forma, o Deportivo ABANCA está a un só paso de revalidar o seu título na Copa Deputación.

Deportivo ABANCA: Sheila, Miga, Laura, Cris, Peke, Jone, Tere Abelleira, Iris, Estefi, Kika e Gaby. Tamén xogaron: Miralles, Miriam, Patri, Lía e Sara.

A próxima cita xa fixada do calendario de pretemporada do Deportivo ABANCA será o Memorial Manuel Fernández Faraldo, a próxima fin de semana na Torre.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'
Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)
20 de agosto, semifinal da Copa Deputación: Tordoia 0 - Deportivo ABANCA 9 (Gaby -2-, Estefi -2-, Jone, Sara -2-, Peke e Lía)
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)