RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA comeza mañá mércores a preparar a visita do SE AEM a Abegondo

Despois de gozar de dous días de descanso, onte luns e hoxe martes, Miguel Llorente, técnico do Dépor ABANCA, citou ás súas xogadoras mañá mércores 13 de outubro ás 11:30 na Cidade Deportiva para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, de novo en Abegondo, o vindeiro domingo 17 de outubro ás 13:00 horas ante o SE AEM catalán. O partido corresponde á 6ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O equipo deportivista, segundo clasificado con 13 puntos e só superado polo FC Levante Las Planas con 15, disporá de catro sesións de traballo matinais para preparar o encontro ante o cadro leridano.

Precisamente na última rolda de prensa do pasado domingo após derrotar ao Zaragoza CFF, Miguel Llorente apuntou que "desde o primeiro día atopeime xente disposta a gozar do xogo, dos entrenos, a escoitar cousas, a aprender cousas novas. Xente moi disposta a todo. Os equipos de éxito adoitan brillar por iso: xente diferente ao resto que están a desexar facer cousas novas, romper crenzas, tradicións que ven no mundo do fútbol. Somos un equipo que tiramos por aí e por iso estamos fortes".

De feito, advirte o adestrador branquiazul ante os medios de comunicación que "en Primeira as diferenzas vense claras pero aquí non hai partido fácil. Xa o vedes. É larguísimo isto. Deixarémonos puntos cando ninguén o espere. Iso vai ser así e temos que contar con iso. Pero vaille a pasar a todos os equipos. Ata que faltan catro ou cinco xornadas, como pronto, non saberemos absolutamente nada".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 13 de outubro
11:30 h.

Xoves 14 de outubro
11:30 h.

Venres 15 de outubro
11:30 h.

Sábado 16 de outubro
10:30 h.

Domingo 17 de outubro
13:00: Deportivo ABANCA - SE AEM, en Abegondo