RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA comezará a Primeira Iberdrola o 3 ou 4 de outubro

O Dépor ABANCA arrincará a competición na Primeira Iberdrola o 3 ou 4 de outubro, segundo aprobou hoxe a Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol, unha vez que o Consello Superior de Deportes (CSD) deu luz verde ao protocolo para poder comezar as competicións e alcanzar os clubs unha decisión unánime.

Así mesmo, aprobáronse as normas de competición, nas que se inclúen disposicións extraordinarias por COVID 19: soben a 5 os cambios que se poden realizar nun partido (antes eran 4); e amplíanse o número de xogadoras con ficha profesional obrigatorias, que pasan a 14 en lugar das 12 anteriores.

As rivais do conxunto que prepara Manu Sánchez serán: FC Barcelona, Real Madrid CF, Atlético de Madrid Feminino, Valencia CF Feminino, Levante UD, Sevilla FC Feminino, Real Betis Féminas, RCD Espanyol Feminino, SD Eibar, Sporting Club de Huelva, Real Sociedad, Athletic Club, Madrid CFF, UD Granadilla Tenerife, Liberbank Santa Teresa Badaxoz, Rayo Vallecano e EDF Logroño.