RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA complementou esta mañá a súa preparación en Termaria Casa da Auga

31/07/2020 16:15

O Dépor ABANCA realizou esta mañá unha sesión en Termaria Casa da Auga.

Lucía Piñeiro, preparadora física do conxunto branquiazul, explica que este tipo de adestramento é "accesorio, como complemento das sesións da semana".

A técnica deportivista conta que se trata dun traballo con "un compoñente máis cardiovascular mediante exercicios con certo compoñente explosivo como lanzamento de balón medicinal".

A mañá consistiu pois nun circuíto físico co cadro dividido en 2 grupos. Mentres un grupo traballaba no exterior, o outro realizaba tarefas de tren superior e preventivo.

Esta tarde, o Dépor ABANCA adestrarase en Abegondo a partir das 18:00 horas; e mañá sábado, Manu Sánchez dirixirá o último adestramento da semana, ás 10:30 na Cidade Deportiva.