RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA completa o cartel do Trofeo Vila de Jovellanos

10/07/2019 13:34

O Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que o verán pasado, completará o cartel desta edición do Trofeo Villa de Jovellanos, que ten por escenario o campo xixonés de Santa Cruz.

As deportivistas mediranse o sábado 17 de agosto nun torneo baixo a modalidade de 'tres nun' ao Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino.

Será a terceira cita confirmada para o equipo que prepara Manu Sánchez, que comeza a adestrar o próximo 22 de xullo.

As citas de pretemporada previstas até o día de hoxe son as seguintes:

4 de agosto: Deportivo ABANCA - Madrid CFF no campo da Eragudina de Astorga

17 de agosto, Trofeo 'tres nun' Vila de Jovellanos: Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino, no campo de Santa Cruz (Xixón)

31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)