RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, con toda a súa artillaría ante o Madrid CFF

O Deportivo ABANCA enfróntase mañá domingo 15 ao Madrid CFF (12:00 horas) no campo Matapiñonera de San Sebastián de los Reyes, en choque correspondente á 13ª xornada na Primeira Iberdrola.

Manu Sánchez citou para este choque a 18 futbolistas. "Imos con todo", apunta o adestrador coruñés. Caen da convocatoria por lesión Miriam, Patri Díaz e Silvia Mérida, esta a consecuencia dunha escordadura no ligamento lateral interno dun xeonllo.

Existe un precedente esta temporada entre Madrid CFF e Deportivo ABANCA. Foi con motivo dun amigable celebrado no campo da Eragudina de Astorga o pasado 4 de agosto. Naquela ocasión venceron as madrileñas (0-2), quizais con algo de máis fortuna de cara ao gol na que foi a segunda cita de pretemporada para o Dépor ABANCA.

Preocupa no vestiario branquiazul non só a experiencia do conxunto madrileño senón tamén as características do céspede sintético do campo de Matapiñonera, o que obrigou a Manu Sánchez a cambiar o escenario dalgún adestramento desta semana, para aclimatar ás futbolistas.

A expedición do Dépor ABANCA, após o último adestramento desta mañá, viaxa por estrada a Madrid segundo esta folla de ruta:

Sábado 14 de decembro
11:30: Saída en autocar a San Sebastián de los Reyes
18:30 (horario aproximado): Chegada á AC hotel by Marriott San Sebastián de los Reyes

Domingo 15 de decembro
12:00: Madrid CFF - Deportivo ABANCA, no campo Matapiñonera (San Sebastián de los Reyes)
Ao concluír, viaxe de regreso por estrada á Coruña

Após o encontro, Manu Sánchez citou ao seu cadro o martes 17 de decembro en Abegondo ás 17:00 para un novo adestramento.