RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA defenderá o seu título na Copa Deputación

O Deportivo ABANCA clasificouse para a final da Copa Deputación ao derrotar esta tarde (0-4) ao Victoria FC no Municipal de Santa Isabel.

Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez foron as goleadoras branquiazuis nun choque que se puxo de cara aos poucos minutos de xogo.

Desta forma, o conxunto deportivista defenderá o título este mércores 14 de agosto ante CD Narón ou Victoria Cf.

Dépor ABANCA: Miralles, Patri López, Sara Álvarez, Sofía, Érika, Teresa Abelleira, Alba Suárez, Kika, Carlota, Gaby e Peke. Tamén xogaron: Iris, Yamamoto, Sullastres, Nuria Torres e Michelle Romero.

As deportivistas apearon nesta competición ao Once Caballeros CF (dezaseisavos de final), UD Paiosaco Hierros Añón (oitavos de final) e Orzán SD (cuartos de final).

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, CD Narón ou Victoria CF - Deportivo ABANCA
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón): Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Femenino
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)