RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA deixa unha boa imaxe ante o subcampión de Liga e Copa de Portugal

O Deportivo ABANCA deixou boas sensacións na súa visita ao Sporting Braga, subcampión de Liga e Copa en Portugal. O resultado, que é o de menos, foi de 3-1 favorable ás lusas. Gaby anotou o único tanto deportivista nun partido igualado e ante un duro rival.

Foi baixa obrigada Nuria Rábano, concentrada coa Selección Española Sub-19 no Campionato de Europa da categoría.

Manu Sánchez, técnico deportivista, aliñou de inicio a: Sheila, Miga, Silvia Mérida, Laura Vázquez, Cris, Tere Abelleira, Lía, Sara, Peke, Kika e Gaby. Tamén xogaron: Patri, Iris, Antía e Sofía.

A próxima cita para o Deportivo ABANCA será este domingo (12:00 horas) no campo Municipal do Sergas de Santiago nos cuartos de final da Copa Deputación, ante o Victoria FC.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gabi -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, 12:00 horas, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC - Deportivo ABANCA, no Municipal do Sergas (Santiago)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)