RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA desprázase a Madrid este sábado para visitar en Valdebebas ao CD Tacón

28/02/2020 12:00

O Deportivo ABANCA viaxa este sábado 29 de febreiro pola tarde a Madrid para visitar ao CD Tacón na Ciudad Deportiva del Real Madrid en Valdebebas o domingo 1 de marzo (12:00 horas), en partido correspondente á 22ª xornada na Primera Iberdrola.

O regreso á Coruña será tralo partido, en autocar.

O plan de viaxe do conxunto deportivista é o seguinte:

Sábado 29 de febreiro
10:30: Adestramento en Abegondo
16:20: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid-Adolfo Suárez
17:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Madrid-Adolfo Suárez e aloxamento no Hotel AC San Sebastián de los Reyes

Domingo 1 de marzo
12:00: CD Tacón - Deportivo ABANCA, en Valdebebas
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña