RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA desprázase este sábado a Barcelona para visita ao Barça

19/11/2019 12:27

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 23 de novembro a Barcelona para visitar ao Barça o domingo 24 (12:00) no Estadio Johan Cruyff, en partido correspondente á 10ª xornada na Primeira Iberdrola.

O regreso do conxunto que prepara Manu Sánchez será pola tarde do mesmo domingo, en voo directo ao Aeroporto da Coruña.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Sábado 23 de novembro
10:30: Adestramento en Abegondo
16:45: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona
18:25: Chegada aproximada e aloxamento no Hotel NH Cornellá

Domingo 24 de novembro
12:00: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadio Johan Cruyff
20:00: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:45: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña