RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este sábado despois de adestrar a Logroño e regresa tralo partido ante o DUX

O Deportivo ABANCA desprázase o sábado 30 de outubro despois de adestrar en Abegondo a Logroño en autocar para visitar ao DUX Logroño o domingo 31 de outubro ás 13:00 no Estadio Mundial 82, en choque correspondente á 7ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O regreso do equipo deportivista á Coruña será tamén por estrada unha vez conclúa o encontro ante o equipo rioxano, un dos aspirantes aos postos altos da clasificación.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 30 de outubro
10:00: Adestramento en Abegondo
11:30: Saída en autocar a Logroño, con parada a comer en ruta
18:30 (horario aproximada): Chegada ao hotel Zenit Logroño

Domingo 31 de outubro
13:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, no Estadio Mundial 82
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña