RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este venres por estrada a Calahorra para visitar o sábado ao CD Pradejón

O Deportivo ABANCA, desprázase por estrada este venres 14 de xaneiro á localidade rioxana de Calahorra para visitar ao CD Pradejón o sábado 15 de xaneiro ás 16:30 horas no Campo Municipal de Pradejón, en choque correspondente á 14ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O regreso á Coruña tamén será por estrada, nada máis concluír o encontro.

Xusto antes de viaxar o venres, Miguel Llorente dirixirá en Abegondo unha última sesión de adestramento de cara a este encontro.

Así pois, o plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Venres 14 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo
12:30: Saída en autocar desde a Cidade Deportiva, con parada a comer en Vega de Valcarce
21:00 (hora aproximada): Chegada ao Hotel Zenit Calahorra

Sábado 15 de xaneiro
16:30: CD Pradejón - Deportivo ABANCA, no Municipal de Pradejón
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña