RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA encara a semifinal da Copa Galicia mañá domingo en Ordes con 18 futbolistas

O Deportivo ABANCA afronta con 18 futbolistas a semifinal da Copa Galicia de Segunda División Nacional ante o Atlético Arousana, mañá domingo 2 de xuño no campo de Vista Alegre de Ordes (10:30 horas), con entrada gratuíta para os afeccionados.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou ás seguintes xogadoras: Malena, Curbelo, Peke, Teresa, Erika, Raquel, Patri López, Lía, Silvia Mérida, Sofía, María Calvo, Alba Merino, Cris, Iris, Kika, Gaby, Michelle Romero e Nuria Rábano.

Na Primeira Fase, o Dépor ABANCA foi campión do grupo 1º con 5 vitorias en 5 partidos.

Ali Muñoz e o Dépor ABANCA acordan separar os seus camiños

Ali Muñoz e o Deportivo ABANCA decidiron de mutuo acordo separar os seus camiños.

A dianteira albaceteña márchase despois dunha temporada vestindo a camiseta branquiazul, con 17 partidos disputados de liga, deles 10 como titular; e 10 goles anotados nun total de 862 minutos de xogo.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Ali Muñoz a súa dedicación e profesionalidade á vez que lle desexa moita sorte na súa carreira deportiva e futuro persoal.