RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA encara con todo o seu potencial a visita ao RCD Espanyol

O Deportivo ABANCA leva a Barcelona a 18 futbolistas, entre elas a canteirá Carlota Sánchez, ao partido de mañá sábado 11 (13:00 horas) ante o RCD Espanyol na Ciudad Deportiva Dani Jarque, en partido correspondente á 16ª xornada, primeira da segunda volta, na Primeira Iberdrola. "Estamos a recuperar a todas as xogadoras que estaban lesionadas. A enfermaría está baleira", explica Manu Sánchez, técnico deportivista.

O adestrador branquiazul alterou o ritmo do equipo e hoxe venres decidiu cambiar o lugar de adestramento. Así, o cadro exercitouse ás 13:00 horas na Casa da Auga na Coruña no canto do céspede de Abegondo.

Manu Sánchez admite que o equipo "chega doído porque cremos todos que mereceu máis en Valencia, pero contentos coa imaxe que estamos a dar".

Cre que o partido "un pouco trampa si que é, máis que pola clasificación do RCD Espanyol, pola necesidade que ten de sumar de 3 en 3. Empeza a segunda volta xogándose a permanencia nunha posición bastante complicada".

As convocadas desprázanse esta mesma tarde, segundo esta folla de ruta:

Venres 10 de xaneiro
18:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona
19:50 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Barcelona e aloxamento no hotel NH Cornellá

Sábado 11 de xaneiro
13:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Dani Jarque
20:00: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña

Finalizado o choque, o Deportivo ABANCA volve aos adestramentos o martes 14 de xaneiro ás 17:00 horas en Abegondo.

Espera Manu Sánchez poder contar xa ao longo da semana coa presenza dos dous reforzos colombianos, Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya: "A ver en que condición física veñen, tendo en conta o jet lag e as precaucións necesarias. Contando para traballar con elas a próxima semana".