RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA encara o debut en Lezama coa única baixa por lesión de Helena Torres

O Deportivo ABANCA encara a estrea ligueira na Primera Iberdrola de mañá sábado 3 de outubro (16:00 horas) en Lezama ante o Athletic Club coa única baixa por lesión de Helena Torres.

A dianteira branquiazul sofre unha lesión muscular no vasto medio da súa perna dereita, que a obrigou a adestrarse á marxe nos últimos días.

Manu Sánchez, onte en rolda de prensa, advertiu que "fisicamente chegamos en bo ton. Si é certo que non todas as xogadoras por igual, porque tivemos algúns contratempos durante esta pretemporada".

Recalca o técnico deportivista que o choque desta 1ª xornada ligueira é de "máxima esixencia" ante un rival "sempre aguerrido".

O Dépor ABANCA adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva baixo o temporal xusto antes de viaxar por estrada a Bilbao, con esta folla de ruta:

Venres 2 de outubro
10:00: Adestramento en Abegondo
13:00 (hora aproximada): Saída en autocar a Bilbao
20:00 (hora aproximada): Chegada ao hotel Silken Indautxu en Bilbao

Sábado 3 de outubro
16:00: Athletic Club - Deportivo ABANCA, en Lezama
Ao concluír, regreso á Coruña por estrada