RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA enfrontarase ao Athletic o 25 de agosto en Xixón

23/07/2018 11:09

O Deportivo ABANCA, que esta tarde inicia os adestramentos de pretemporada, pechou un novo encontro amigable de preparación, fronte ao Athletic de Bilbao.

O encontro porá en xogo a 1ª edición do Trofeo Vila de Jovellanos, organizado polo UD Gijón Industrial e que en categoría masculina alcanza a 43ª edición.

O campo de Santa Cruz, en Xixón, acollerá o partido, que dará inicio ás 17:00 horas.

O único precedente entre branquiazuis e branquivermellas corresponde á pasada edición do Trofeo Teresa Herrera, na que o Athletic impúxose por 0-1 no Estadio ABANCA-RIAZOR, o 5 de agosto de 2017.

Partidos confirmados da pretemporada do Deportivo ABANCA:

Sábado 4 de agosto, campo de La Eragudina (Astorga), h.s.c.: Deportivo ABANCA - EDF Logroño
Domingo 5 de agosto (Copa Deputación): Brexo Lema ou Bergantiños - Deportivo ABANCA
Sábado 18 de agosto, Ponte dos Brozos (Arteixo), 16:00 h.: Deportivo ABANCA - Sporting Braga
Sábado 25 de agosto, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:00 h.: Deportivo ABANCA - Athletic Club
Sábado 1 de setembro, Estadio da Luz (Lisboa), h.s.c.: Benfica - Deportivo ABANCA