RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA, equipo revelación da Primeira Iberdrola para a web oficial de LaLiga

10/01/2020 21:05

Cumprida a primeira volta do campionato na Primeira Iberdrola, LaLiga, a través da súa páxina web oficial (www.laliga.es), nomeou ao Deportivo ABANCA como equipo revelación da temporada.

"Recentemente ascendidas na categoría, pero coas ideas tan claras que parecen veteranas", sostén a publicación oficial.

Apunta ademais que "o Dépor ABANCA de Manu Sánchez conseguiu enganchar a todos os afeccionados do fútbol nesta primeira volta. Non só polos resultados, senón polo gran xogo despregado en todos os campos da competición".

Cun partido menos, o da Real Sociedad en Abegondo aprazado o pasado 21 de decembro polo temporal, as deportivistas marchan na 4ª praza con 24 puntos; só superadas por FC Barcelona (40 puntos), Atlético de Madrid (33 puntos) e Levante UD (29 puntos).

LaLiga destaca ademais ao FC Barcelona, que "arroia e é líder"; ao Rayo Vallecano "moi loitador"; e á máxima goleadora, a barcelonista Jenni Hermoso.