RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA estreará a nova imaxe do bus do Dépor

O Deportivo ABANCA, no seu regreso de Huelva á Coruña o vindeiro sábado, estreará a nova imaxe do autobús oficial do Real Club Deportivo. Mantendo un gran escudo do Club na súa parte traseira, esta temporada substitúese o gran DÉPOR dos últimos anos pola lema de campaña: "Quen teña honra que me siga", un berro de guerra lanzado por María Pita e reencarnado por Miriam Ríos e todas as súas compañeiras co arranque desta temporada.

O escudo e a lema sitúanse sobre unha gran bandeira branquiazul que serviu de inspiración para o deseño da camiseta deste ano. Sobre a bandeira do Dépor tamén locen, un ano máis, as insignias do tres patrocinadores principais do Club: Estrella Galicia, Abanca e Macron, ademais de Fiateira, provedor dos vehículos oficiais do Club e Autocares Vázquez, empresa propietaria da unidade e provedor de servizos de transporte do Dépor.

A unidade de Autocares Vázquez, estreada polo Dépor fai catro anos (o 20 de novembro de 2015), foi novamente rotulada por Mastro Noroeste Publicidade, "Amigo Dépor" e provedor do Real Club Deportivo.