RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA medirase ao EDF Logroño da Liga Iberdrola o 4 de agosto en Astorga

18/07/2018 18:46

O Deportivo ABANCA enfrontarase o vindeiro 4 de agosto ao EDF Logroño, conxunto recentemente ascendido á Liga Iberdrola, na localidade leonesa de Astorga.

O encontro amigable enmárcase nos actos do 50 aniversario do Atlético Astorga FC. O club maragato homenaxeará a Cris Martínez, lateral dereita do Dépor ABANCA, astorgana de nacemento e exjugadora do Atlético Astorga.

A entidade astorgana convidou ao Deportivo ABANCA como recoñecemento á súa promoción do fútbol feminino.

O partido disputarase no campo da Eragudina, nunha hora aínda por determinar.