O Dépor ABANCA métese de cheo desde hoxe martes na preparación do partido ante o RCD Espanyol
O Deportivo ABANCA métese de cheo desde esta tarde na preparación do partido ante o RCD Espanyol en Abegondo, previsto para o sábado 15 de maio (16:00 horas, Gol).
As branquiazuis, con 21 puntos, mídense a un rival directo na loita pola salvación, un RCD Espanyol que ten 24. O Real Betis, con 27, é o equipo que marca agora mesmo a permanencia na Primera Iberdrola.
Tralo día de descanso de onte luns, Manu Sánchez citou de novo ás súas futbolistas na Cidade Deportiva ás 16:30.
O técnico deportivista dispuxo de catro sesións de traballo esta semana, todas elas vespertinas en Abegondo, segundo esta planificación:
Martes 11 de maio 16:30 h
Mércores 12 de maio 16:30 h
Xoves 13 de maio 17:30 h
Venres 14 de maio 17:30 h
Sábado 15 de maio 16:00: Deportivo ABANCA - RCD Espanyol, en Abegondo