RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA mídese mañá ao Deportivo Orzán en oitavos de final da Copa Deputación

O Deportivo ABANCA ten mañá mércores 2 de agosto ás 19:00 horas a súa segunda cita da pretemporada. Será ante o Deportivo Orzán, nos oitavos de final da Copa Deputación.

A eliminatoria, a partido único, xogarase en Ponte dos Brozos (Arteixo), terreo de xogo deportivista, a petición do club orzanista. A entrada será libre para os afeccionados.

O de mañá será o preámbulo ao prato forte da pretemporada para as xogadoras que dirixe Manu Sánchez, o V Trofeo Teresa Herrera, que se celebrará o vindeiro sábado no Estadio ABANCA-RIAZOR, co Athletic Club como rival (18:00 horas).

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lea -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0

2 de agosto, 19:00 horas, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán - Deportivo ABANCA (Ponte dos Brozos, Arteixo)

5 de agosto: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Estadio ABANCA-RIAZOR)

9 de agosto: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Braga, Portugal)

15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)

26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)