RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Depor ABANCA pecha a pretemporada con 46 goles a favor en 10 amigables

Fin da pretemporada para o Dépor ABANCA, que inicia a próxima semana (domingo 8 de setembro, 12:00 horas) a Primera Iberdrola ante o RCD Espanyol en Abegondo.

As branquiazuis colleitaron este verán a súa cuarta Copa Deputación consecutiva e a segunda edición do Trofeo Vila de Jovellanos en Xixón.

En total foron 10 amigables, 2 deles de 45 minutos; saldados con 8 triunfos do Dépor ABANCA e 2 derrotas. Só o UD Granadilla, un dos equipos punteiros da Primera Iberdrola, e o Madrid CFF foron capaces de dobregar ás pupilas de Manu Sánchez.

Ademais, o balance goleador é claramente favorable ás deportivistas, con 46 goles a favor e tan só 10 encaixados.

Peke, con 9 tantos, foi o pichichi do verán; seguida por Gaby, con 6 goles; Patri López, autora de 5; e de Nuria Rábano, Michelle Romero e Alba Merino, todas elas con 4 dianas.

Completaron o rexistro goleador: Alba Suárez, con 3 goles; Yamamoto, Carlota e María Méndez, con 2; e Kika, Noelia Villegas, Silvia Mérida e Laura, con 1 tanto. Un dos goles que subiron ao marcador foi obra dunha futbolista rival en propia meta.

Os resultados do Dépor ABANCA nesta pretemporada foron os seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota)
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), Deportivo ABANCA 2 (Peke e Alba Merino) - Real Oviedo Femenino 0; Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Michelle Romero e Gaby -2-)
Sábado 24 de agosto: Estadio Román Suárez Puerta (Avilés), Dépor ABANCA 4 (Gaby -3- e Michelle Romero) - SD Eibar 1
Sábado 31 de agosto: Cidade Deportiva do SC Braga, SC Braga 2 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero, Laura, Yamamoto e Alba Merino)