RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA pecha a temporada coa final da Copa Galicia, esta tarde en Ordes ante o CD Lugo PM Friol

O Deportivo ABANCA concluirá unha temporada histórica hoxe martes 11 de xuño ás 20:00 horas no campo de Vista Alegre (Ordes) ante o CD Lugo Peluquería Mixta Friol, na gran final da Copa Galicia de Segunda Nacional. A entrada será gratuíta para os afeccionados.

As deportivistas buscan o seu segundo título copeiro consecutivo para pechar un ano para enmarcar, co reto cumprido do ascenso á Liga Iberdrola.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou ás seguintes xogadoras: Miralles, Malena, Peke, Teresa Abelleira, Erika, Raquel, Patri López, Lía, Silvia Mérida, Sofía, Alba Merino, Cris, Iris, Gaby, Michelle Romero e Nuria.