O Dépor ABANCA pecha mañá ante o Sporting Huelva un periplo de tres partidos ligueiros nunha semana
O Sporting Huelva pecha mañá sábado 22 de febreiro en Abegondo (11:00 horas) un periplo de tres partidos ligueiros do Deportivo ABANCA en menos dunha semana. De momento, o balance branquiazul é de 1 derrota, ante o Rayo Vallecano en Madrid (domingo 16 de febreiro); e un empate na Cidade Deportiva fronte á Real Sociedad (mércores 19 de febreiro).
Manu Sánchez citou a 18 futbolistas, incluídas as canteirás Patri López e Carlota. O técnico deportivista conta coas baixas por lesión de Laura e Alba Merino.
A entrada ao encontro será gratuíto para todos os afeccionados que o desexen.
Após o choque ante as andaluzas, o Dépor ABANCA volve aos adestramentos o luns 24 de febreiro ás 16:45 en Abegondo.